Xa tedes á vosa disposición na portada da nosa paxina web (www.mexillondegalicia.org) o cartel da “Guía de boas prácticas do cultivo de mexillón en Galicia para a redución de lixos mariños” elaborada polo departamento de I+D+i da DOP. O cartel resume os contidos da Guía e foi concibido para ser difundo entre os sectores relacionados co mar, pero tamén para facer chegar a mensaxe a sociedade en xeral, que ten que xogar un papel fundamental para cumprir o principal obxectivo desta Guía: coidar as augas dos nosos mares.
Descargádeo, dádeo a coñecer e, entre todos, estaremos a axudar a salvagardar a riqueza e diversidade de océanos, mares e rías.