Ingredientes 20 unds.:
20 viandas de Mexillón de Galicia, 200 gr. de pataca amarela, 50 gr. maionesa, 3 follas de loureiro, Aceite virxe extra, Ceboliño
Observacións:
As viandas pódense obter da cocción ao vapor de Mexillón de Galicia fresco, ou tamén se poden adquirir cocidas, no seu mollo, en conserva, conxeladas ou pasteurizadas.
Preparación:
Pelamos e cortamos as patacas en finas talladas. Fritímolas en aceite abundante e non moi quente. Unha vez fritas, pasámolas a un prato con papel de cociña para quitar o exceso de aceite.
Por outra banda, trituramos a maionesa co loureiro e un chorro de aceite virxe extra.
Para empratar, dispoñemos as patacas na base, poñemos encima un mexillón cun pouco de maionesa, e cubrímolo con outra pataca.
Terminamos espolvoreando o prato cun pouco de ceboliño.
José Manuel Martínez Mayo
Chef do Restaurante “Vivalviños”
(Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)