Ingredientes 20 unds.:
20 viandas de Mexillón de Galicia, 1 iogur natural, 8 gr. de Mel de Galicia, 10 gr. de mostaza artesá, 1 escarola
Observacións:
As viandas pódense obter da cocción ao vapor de Mexillón de Galicia fresco, ou tamén se poden adquirir cocidas, no seu mollo, en conserva, conxeladas ou pasteurizadas.
No canto do biberón de cociña, podemos utilizar unha culleriña.
Preparación:
Mesturamos o iogur co mel e a mostaza ata que quede ben homoxeneizado.
Lavamos a escarola e picámola.
Nunha culler de aperitivo, poñemos un pouco de escarola no fondo e logo o mexillón encima.
Introducimos a salsa de iogur nun biberón e botamos un pouco de salsa encima do mexillón. Non demasiada.
José Manuel Martínez Mayo
Chef do Restaurante “Vivalviños”
(Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)