Ingredientes 12 unds.:
12 viandas de Mexillón de Galicia, 50 ml de viño Albariño, 1 lámina de alga nori, ovas de salmón.
Observacións:
As viandas pódense obter da cocción ao vapor de Mexillón de Galicia fresco, ou tamén se poden adquirir cocidas, no seu mollo, en conserva, conxeladas ou pasteurizadas.
Preparación:
Poñemos as viandas co viño Albariño a lume, pero sen que ferva, durante 10 minutos.
Escurrimos os mexillóns do viño e deixámolos arrefriar.
Por outra banda, hidratamos o alga nori en auga con sal.
Nunha culler de aperitivo, poñemos o mexillón cun anaco de alga e unhas ovas de salmón.
Terminamos botando un pouquiño de viño da cocción do mexillón por encima.
Sérvese quente.
José Manuel Martínez Mayo
Chef do Restaurante “Vivalviños”
(Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)