Arroz caldoso de Mexillón de Galicia e wakame

Ingredientes 4 pers:
Arroz, 400 gr., Mexillón de Galicia, 100 gr., Rodaballo, 100 gr., Gambas, 75 gr., Lagostinos, 75 gr., Wakame, 100 gr., 2 dentes de allo, 2 tomates, Sal, Aceite.

Ingredientes para la salsa americana:
Cebola, 0,20 kg, Cenoria 0,05 kg, Medio allo porro, Tomate, 0,25 kg, Cabezas de lagostinos ou gamba, 1,5 kg, Arroz, 0,06 kg, Fumet de peixe, 1,50 l Brandy.

Preparación:

Nun recipiente, sofreímos o allo picado co tomate pelado e sen pebidas. Unha vez listo, introdúcese o arroz e, doutra banda, férvese a salsa americana previamente preparada (1,20 l).

Engadimos a salsa americana ao arroz e deixamos cociñar entre 15 e 20 minutos, dependendo da melosidad do arroz.

Abrimos os mexillóns ao vapor e descunchamos. Uns 5 minutos antes de que estea listo o arroz, engadímolos, xunto co rodaballo, as gambas e os lagostinos crus, e o wakame fresco ou salgado. Por último, rectificamos de sal.

Preparación salsa americana:

Pochamos a cebola e a cenoria cortadas en anacos. Cando estean a medio pochar, introducimos o allo porro. Cociñamos durante media hora e introducimos o tomate cortado en anacos, deixando o conxunto 20 minutos máis. Engadimos as cascas previamente salteadas e flambeamos co brandy. Engadimos o arroz, o fumet e deixamos cocer a salsa tapada durante uns 20 minutos máis. Trituramos e tamizamos.

 

Prepararon esta receita:
Jose Luís Fernández Lubians (profesor), Amaya Duarte, Rocío Abal, Sara Fontenla (alumnas)
CIFP Carlos Oroza
(Pontevedra)