Ingredientes 16 unds.:
16 viandas de Mexillón de Galicia, 6 follas de gelatina, 250 gr. de tomate triturado, Cebola, Ralladura de lima, Mezclum (ensalada composta de diferentes tipos de vexetais)
Observacións:
As viandas pódense obter da cocción ao vapor de Mexillón de Galicia fresco, ou tamén se poden adquirir cocidas, no seu mollo, en conserva, conxeladas ou pasteurizadas.
Preparación:
Nun molde de facer cubitos de xeo, poñemos un mexillón en cada oco e reservamos.
Por outra banda, preparamos un fondo cun pouco de cebola e o tomate triturado con sal e pementa. Hidratamos a gelatina e engadímola ao fondo de tomate. Poñemos a salsa a lume lento ata que perda parte da auga.
Botamos a salsa de tomate no molde cos mexillóns e deixámolo na neveira durante 8 horas para que calle.
Para emplatar, retiramos o dado de tomate e poñémolo nunha culler sobre unhas follas de mezclum.
Por encima, poñemos un pouco de ralladura de lima.
José Manuel Martínez Mayo
Chef do Restaurante “Vivalviños”
(Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)