Ingredientes
1 lata de conserva de Mexillón de Galicia en escabeche, Fariña de millo, Fariña de trigo, Fermento en po, Auga moi fría, Mahonesa, Salsa de soia, Aceite de oliva, Perexil.
Preparación:
Abrimos a lata de mexillóns, escurrimos o escabeche e reservámolo. Facemos a tempura: mesturamos as dúas fariñas e o fermento, agregamos parte do líquido do escabeche e tamén a auga ben fría, ata obter unha pasta que cubra o mexillón.
Poñemos ao lume o aceite de oliva, máis ou menos a 180º, rebozamos os mexillóns na tempura e poñémolos a fritir, en cantidades pequenas. Cando os saquemos da tixola, dispoñemos os mexillóns sobre papel absorbente para eliminar os excesos de graxa.
Por outra banda, mesturamos a mahonesa coa salsa de soia ao gusto.
Nun prato, dispoñemos un fío de mahonesa de soia e colocamos encima os mexillóns en tempura de escabeche. Finalmente, espolvoreamos perexil fresco picado para adornar.
Emma Pinal Osorio
Chef do Gastrobar “O Birrán”
(Ribadavia – Ourense)