Crema de champiñóns con Mexillón de Galicia

Ingredentes 4 pax:
1 lata de conserva de Mexillón de Galicia ao natural con 12/16 pezas, 1 kg de champiñóns 1,5 l. de auga, 100 ml. de leite, 500 ml. de nata, 1 cebola, 20 grs. de fariña, 50 ml. de caldo de verduras, aceite de oliva, pementa branca, sal, prixel para decorar.

Preparación:
Picamos a cebola e fritímola no aceite de oliva. Cando empece a estar transparente, agregámoslle os champiñóns previamente fileteados, botamos sal e pementa e engadimos a fariña. Unha vez estea dourada, engadimos o caldo de verduras, a auga e o leite; removemos ben e deixamos cocer durante 40 minutos.

Transcorrido o tempo, retiramos do lume e trituramos, engadimos a nata e rectificamos de sal e pementa.

Servimos a crema nunha copa e por riba dispoñemos os mexillóns.

Rematamos adornando co prixel e cun chorriño de aceite de oliva.

 

Emma Pinal Osorio
Chef do Gastrobar “O Birrán”
(Ribadavia – Ourense)