A traxectoria de Mexillón de Galicia é unha historia de superación permanente. Desde os seus inicios fai máis de trinta anos ata hoxe houbo un fío condutor que guiou a súa actuación: fomentar a calidade e protexer a orixe do mexillón galego ante as institucións autonómicas, nacionais ou europeas nas que a nosa voz debía ser escoitada. Unha tarefa que fixo da DOP un actor con capacidade e solvencia para representar a un sector socioeconómico de gran relevancia.
Así o explicamos amplamente no noso último Boletín informativo, no que tamén recollemos o novo proxecto no que participa a DOP para reforzar as boas prácticas na xestión do cultivo, así como as actividades de promoción desenvolvidas nos últimos meses.