A acreditación ENAC conseguida pola DOP Mexillón de Galicia constitúe un respaldo definitivo á nosa solvencia e credibilidade ante os consumidores. Así o explicamos amplamente no noso Boletín número 50.
Nas súas páxinas recollemos tamén o chamamento que os científicos do programa Redeira fan ao sector para que participe na recollida de datos necesarios para a mellora da xestión do cultivo o mexillón, os avances do proxecto Theros, así como a intensa actividade promocional desenvolvida por Mexillón de Galicia.