Publicado o Boletín nº37 da DOP

A elección de Mané Calvo como novo presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia é a principal información do noso último Boletín informativo. A publicación tamén recolle os testemuños de Jamón de Teruel e Plátano de Canarias, dúas marcas de calidade que, como Mexillón de Galicia, solicitaron fondos europeos para desenvolver campañas de promoción. A firma dun convenio coa Consellería do Mar, as claves do proxecto Seafood-IDE e as actividades de promoción desenvolvidas pola DOP son outros temas tratados neste número.
boletin nº 37