O Boletín nº 26 da DOP xa está á vosa disposición. Nas súas páxinas poderedes informarvos sobre o espectacular crecemento que experimentou o rexistro de marcas que levan o noso selo de calidade, que xa superan o centenar. A aprobación do novo Regulamento, que reforza os nosos argumentos en aspectos como a identificación de produto ou o ámbito de protección de Mexillón de Galicia, ocupa un amplo espazo na publicación. O relato informativo inclúe tamén o rexeitamento do TSXG a un recurso de Anfaco contra a correcta identificación do mexillón, así como a denuncia contra unha conserveira por vulnerar a normativa da DOP.
Publicado o Boletín nº26 da DOP
09/07/2019