Publicado o Boletín nº 33 da DOP

A solicitude de Mexillón de Galicia para que se suspenda o sistema de etiquetaxe de alimentos Nutriscore ata que se corrixan os graves erros detectados no seu funcionamento ocupa un lugar destacado no noso último Boletín. Tamén ofrecemos unha ampla entrevista coa presidenta da DOP, Lina Solla, así como unha información sobre o valor da diversidade como garantía de sustentabilidade para a acuicultura galega do mexillón.

boletin 33