Os magníficos datos de certificación obtidos en 2019 pola DOP, os mellores da súa historia, constitúe o tema co que abrimos o Boletín número 29 de Mexillón de Galicia. A publicación inclúe outros apartados do máximo interese como as medidas adoptadas pola DOP ante a pandemia orixinada polo coronavirus, a denegación da declaración de impacto ambiental á mina de Touro O Pino, así como unha ampla información sobre o anuncio da modificación da Lei de Costas.
Publicado o Boletín nº 29 da DOP
10/04/2020