A recollida de mexilla é un proceso crucial na produción do mexillón. É unha tarefa moi descoñecida, pero rodeada de riscos físicos para os bateeiros, que se xogan a súa integridade física para a provisión da cría que logo crecerá na batea. Por iso ocupa unha das informacións principais do Boletín número 17 da DOP.
Nesta publicación dáse conta tamén das magníficas cifras de certificación alcanzadas pola DOP en 2016 e ofrécense, entre outros temas de interese, dúas entrevistas, unha coa nova Directora Xeral de Pesca, e outra coa presidenta da Asociación de Mulleres do Mar de Arousa.