Publicado o boletín nº 15 da DOP

O proceso de regularización de operadores que se está a realizar é un dos temas principais do boletín número 15 da DOP. A publicación inclúe igualmente unha detallada información sobre as negativas consecuencias da petición da Consellería do Mar a Bruxelas para que determine o alcance da protección da DOP.

Un artigo do noso departamento de I+D sobre a acidificación das augas e unha reportaxe que explica como conviven a tradición e a innovación no sector mexilloeiro completan os contidos do boletín.

boletin-n15