Participa na Mexillón de Galicia X-Perience

O 25 de febreiro celebramos a Mexillón de Galicia X-Perience e ti podes formar parte dela. A Mexillón de Galicia X-Perience permitirache gozar dunha ruta turística pola Ría de Arousa nun barco con vistas submarinas, todo iso entre as bateas onde se cría o Mexillón de Galicia.
A ruta marítima concluirá nun faro situado nunha contorna idílica da Illa de Arousa. Alí servirase un suculento menú degustación con diversas receitas elaboradas con Mexillón de Galicia. Ademais, o cómico Víctor Grande amenizará a xornada cun divertido monólogo.
Que hai que facer para participar? Moi fácil. Elaborar un vídeo breve no que debes convencer ao noso chef Max para que che convide a gozar deste día.
Nesta ligazón https://pr.easypromosapp.com/p/822110 e o noso facebook (facebook.com/mejillondegalicia) atoparás información sobre o concurso.