O día 30, xuntanza informativa para os titulares de bateas no Consello Regulador

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia convoca a tódolos titulares de bateas inscritos a unha xuntanza informativa que se celebrará o vindeiro luns día 30 de xaneiro ás 17h. no salón de actos do Edificio do Mexillón de Galicia.

Nesta xuntanza explicaranse as cuestións relativas aos fondos europeos que se teñen conseguido para actividades de promoción a desenvolver no período 2023‐2025.

Agradécese a asistencia e puntualidade debido á importancia e repercusión deste tema.