O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia quere expresar o seu profundo pesar polo falecemento de Manuel Dieste Mos.
Vinculado profesionalmente ao noso sector, Dieste sempre se caracterizou pola súa firme defensa do mexillón galego de calidade, tarefa que levou a cabo con gran acerto e dedicación desde o Consello Regulador da DOP, do que era vicepresidente.
Foi ese convencemento o mesmo que lle levou a seguir traballando polo que cría, mesmo naqueles momentos nos que a súa saúde debilitábase. O seu exemplo perdurará entre todos os que tivemos a fortuna de coñecelo e o privilexio de traballar con el.
O Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia expresa o seu pesar polo falecemento de Manuel Dieste
17/10/2017