O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia non dará un paso atrás na súa esixencia dun uso correcto do etiquetaxe do mexillón. Esta petición, que a DOP considera esencial para poñer fin á confusión creada entre os consumidores polo uso fraudulento de mencións á orixe do produto, foi trasladada esta mañá por Francisco Alcalde, presidente do Consello Regulador, ao director xeral de Industria Alimentaria, José Miguel Herrero Velasco, durante a reunión que ambos mantiveron en Madrid. No encontro tamén estiveron presentes Alfonso Alcaide, secretario da DOP Mexillón de Galicia, e Javier Maté, subdirector xeral de Calidade Diferenciada do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Alcalde puxo en antecedentes ao seu interlocutor sobre este asunto da máxima relevancia para Mexillón de Galicia, unha marca de calidade que ten na diferenciación do seu produto ante o consumidor a súa principal razón de ser. Unha diferenciación que está recoñecida pola Unión Europea a través da normativa que regula e ampara as marcas de calidade.
Por tanto, non se trata de buscar ningún trato de favor senón, simplemente, de cumprir a lei, algo que non se está producindo. O presidente da DOP informou das dificultades que está a ter Mexillón de Galicia para salvagardar os seus dereitos e os dos consumidores, que teñen dereito a saber a orixe real do produto que adquiren. E todo iso, a pesar das sentenzas xudiciais favorables ás teses de Mexillón de Galicia e ao respaldo obtido polo presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europea nunha visita que realizou a Galicia.
Do mesmo xeito, e tras instala en numerosas ocasións para que se cumpra a normativa do etiquetaxe, a Consellería do Mar comprometeuse a poñer en marcha as actuacións necesarias para cumprir coa súa obrigación. Lamentablemente, ese compromiso non está a dar os resultados esperados. Por iso Mexillón de Galicia solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentacion respaldo para a reposición da legalidade no etiquetaxe, tendo en conta que se está incumprindo a normativa europea de protección da DOP Mexillón de Galicia e ese departamento é a Autoridade Central Competente en relación cos sistemas de control para a implementación da lexislación da UE respecto dos réximes de calidade. A DOP asegura que toda esta situación ten a súa orixe na inacción mostrada pola Xunta de Galicia.
Pola súa banda, José Miguel Herrero comprometeuse ante os responsables de Mexillon de Galicia a manter nun breve prazo de tempo unha reunión coa finalidade de abrir canles de diálogo e negociación para atopar unha solución á fraude no etiquetaje. Hai que lembrar que é a Xunta de Galicia a que ten as atribucións para que a lei se cumpra.
A DOP mostrou a súa total disposición a colaborar co Ministerio neste tema.