Mexillón de Galicia será protagonista en dúas degustacións do salón de turismo “Xantar” que se celebra en Ourense

“Xantar”, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celébrase  en Ourense desde hoxe ata o 10 de febreiro cumpre 20 anos de traxectoria. Mexillón de Galicia acudirá de novo a esta cita dedicada á promoción do turismo e a enogastronomía que en 2018 contou con 273 expositores procedentes de 12 países e recibiu máis de 24.000 visitas.

O programa inclúe un importante apartado dedicado á degustación de produtos do mar de Galicia, denominado “Aula mar”, no que a DOP terá un lugar destacado protagonizando dúas sesións.

A primeira, “Mexillón de Galicia: O noso, con selo”, será mañá xoves, 7 de febreiro, ás 13,15 horas, da man de José Manuel Mallón, que elaborará unha proposta integrada por “rulo de pan de Cea especiado con Mexillón de Galicia en escabeche” e “salpicón de Mexillón de Galicia, algas e herbas na súa propia cuncha”. A sobremesa será “torta de queixo de Arzúa-Ulloa con toffe de licor café”.

A segunda será o domingo, 10 de febreiro, ás 13,15. A esa hora iniciarase “Mexillón de Galicia: Namórate dun galego”, a degustación na que, de novo, José Manuel Mallón evidenciará a versatilidade culinaria de Mexillón de Galicia. Nesta ocasión, o menú comezará con “paté de Mexillón de Galicia e tosta de San Simón da Costa con herbas do litoral” e continuará con “hamburguesa de Mexillón de Galicia e algas no seu pan de sementes e Mel de Galicia”. O menú finaliza con “escuma de licor de herbas de Galicia con trufa de licor café de Galicia”. Ambos menús serán maridados con viños da DO Rías Baixas.

As explicacións de Mallón durante o proceso de elaboración complementaranse coas achegas de Gabriela André, responsable de Promoción e Marketing da DOP, que destacará as cualidades que converten a Mexillón de Galicia nun alimento extraordinario, tanto polo seu riquísimo sabor como polos seus sobresalientes valores nutricionais.

Estas degustacións se realizan coa colaboración da Consellería do Mar.

Os que queiran asistir ás degustacións poden informarse no correo electrónico infotalleresxunta@gmail.com ou chamado ao 608 754 004.