O presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, recolleu onte en Vigo o premio Ejecutivos á mellor Denominación de Orixe de Galicia.
Estes galardóns están promovidos pola revista Ejecutivos, unha referencia na prensa económica de España, que desde fai sete anos organiza os premios Ejecutivos Galicia. Os responsables da publicación quixeron recompensar os esforzos levados a cabo pola DOP Mexillón de Galicia, que cumpre dez anos de traxectoria, “por simbolizar o auténtico”, é dicir un mexillón con garantía de orixe e calidade.
As distintas persoas que tomaron a palabra coincidiron ao definir o acto de onte como unha homenaxe ao esforzo, pero tamén ao talento e ao liderado, facendo fincapé nos beneficios do traballo en equipo.