Gastroforum 16, o I Foro Gastronómico do Centro Superior de Hostalería de Galicia, converteu a esta institución académica nun espazo de estudo e debate do presente e futuro da gastronomía galega.
As xornadas de traballo comezaron hoxe e continuarán mañá coa participación de cociñeiros, representantes da hostalería e a restauración, así como o sector produtivo da comunidade. Entre estes últimos atopábase a DOP Mexillón de Galicia, que foi protagonista esta mesma tarde dun dos talleres de cociña programados, denominado “Mexillón de Galicia, a marca do auténtico”.
Pepe Bernárdez, profesor do Centro Superior de Hostalería de Galicia, foi o encargado de elaborar as receitas para a ocasión utilizando como ingrediente fundamental o mellor mexillón do mundo, o Mexillón de Galicia. Tres foron as súas propostas: Mexillón de Galicia con crema de pataca; Ceviche de Mexillón de Galicia con mango e pomelo; e Mexillón de Galicia con emulsión de escabeche e allo porro.