Mexillón de Galicia, protagonista na Feira da Conserva de Vilanova

Vilanova de Arousa acolle desde mañá venres e ata o domingo a II Feira da Conserva, na que estará presente a DOP Mexillón de Galicia.

Ao longo desas tres xornadas desenvolverase un amplo programa de actividades, entre as que destacan as degustacións de produtos que se ofrecerán aos visitantes, como a que protagonizará Mexillón de Galicia mañá en dobre sesión, unha ás 13,30 e outra ás 19,30.

O sábado haberá outras dúas degustacións, ás 12,30 e ás 19,30, e o domingo desenvolverase as últimas, previstas para as 13,30 e as 20,30.

Ademais, no espazo que ocupará a DOP no recinto feiral haberá distintas mostras de conservas elaboradas con Mexillón de Galicia. E as persoas interesadas recibirán información sobre as características e cualidades do mellor mexillón do mundo, o Mexillón de Galicia.

Pero haberá máis motivos para visitar a nosa caseta durante estes tres días, xa que o Consello Regulador do Mexillón de Galicia convida a participar no concurso “Escanea tantos códigos como queiras”. Para iso só haberá que escanear os códigos QR que se desexen correspondentes aos logotipos das empresas certificadas pola DOP que se dispoñerán nun panel colocado no noso espazo expositivo. Os gañadores recibirán un lote de produtos entre os que se inclúen 5 conservas en escabeche da exclusiva degustación de Mexillón de Galicia DOP, unha marmita para cociñar mexillóns, útiles de cociña e receitarios.

Toda a información relativa a este sorteo atoparédela no documento adxunto.

bases sorteo mexillon de galicia (1)