Achegar o Mexillón de Galicia ao consumidor informándolle das súas propiedades nutritivas e familiarizalo coa versatilidade culinaria que ofrecen as súas múltiples formas de preparación e presentación; aumentar as súas ventas; e explicar ao consumidor as garantías da marca DOP Mexillón de Galicia e a forma de identificala, son os tres principais obxectivos establecidos para unha iniciativa que vai desenvolver a DOP en puntos de venta de toda Galicia e que conta coa colaboración da Consellería do Mar e financiación de fondos europeos.
Para conseguilos vaise levar a cabo unha promoción-degustación de Mexillón de Galicia en centros de Alcampo, Carrefour, El Corte Inglés, Froiz, Gadis e Vegalsa-Eroski durante os meses de setembro e outubro, completando un total de 50 accións. Os días elexidos para levala a cabo son sábados, de xeito que a primeira é o día 30 deste mes. Será entón cando un profesional preparará 3 sinxelas receitas elaboradas con Mexillón de Galicia e invitará aos visitantes do centro a degustalas.
Ademais, informarase aos asistentes sobre tres dos aspectos que mellor definen a Mexillón de Galicia: a súa condición de marca, alimento e produto.
A nosa marca é o selo DOP, o único que garante ao 100% a orixe e unha calidade superior dun alimento único no mundo polas súas características.
Mexillón de Galicia é tamén un alimento que cultívase de xeito totalmente natural e sostible nas rías galegas, caracterizadas pola súa riqueza en fitoplacto, o principal nutriente do mexillón.
Como produto, Mexillon de Galicia é unha fonte de vitaminas B2, B9 e B12, aporta Omega 3, así como proteínas e sales minerais como ferro, selenio, fósforo, potasio, iodo e zinc.
Esta acción inicial se levará a cabo en centros Carrefour de Coruña (Los Rosales, Alfonso Molina), Vigo (Vigo I e Vigo II), Pontevedra (Salcedo), Santiago (As Cancelas), Ferrol, Ourense, Lugo e Coristanco, así como no establecemento de Vegalsa-Eroski de Lugo (Xosé Novo).
Mexillón de Galicia inicia o sábado unha campaña de promoción en punto de venta por toda a comunidade
28/09/2017