Mexillón de Galicia en PortAmérica

PortAmérica é unha cita singular que se desenvolve entre Caldas de Reis e Portas e que aúna música e gastronomía. O festival chega este ano á súa edición número once convertido nun dos acontecementos do verán en Galicia e punto de encontro de milleiros de persoas dende hoxe e ata o sábado, día 15.

Como xa ocorreu na edición de 2022, Mexillón de Galicia volverá a estar neste evento con protagonismo no ShowRocking, un espazo gastronómico polo que pasarán algúns dos mellores cociñeiros actuais, nacionais e estranxeiros.

Este venres, entre concerto e concerto, os asistentes poderán saborear “Poke de Mexillón de Galicia e encurtidos”, unha elaboración de Pablo Lens.

O sábado será o turno de Edgar Núñez con “Tostada de ceviche negro con Mexillón de Galicia”.