Mexillón de Galicia e a Conselleria do Mar renovan a súa colaboración

Mexillón de Galicia e a Consellería do Mar renovaron a colaboración que manteñen desde 2021 coa firma dun convenio destinado a reforzar a competitividade e internacionalización do mexillón con DOP.

O acordo, que foi asinado esta mañá pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Mané Calvo, ten un importe de 540.000 euros e inclúe unha serie de accións como a monitorización do rendemento do mexillón ou actividades promocionais de Mexillón de Galicia coa colaboración de infuencers. Tamén se desenvolverá unha xornada de exaltación do mexillón con DOP.