As promesas do baloncesto español atópanse esta semana en Marín, disputando o Campionato de España Infantil Masculino. A competición prolongarase ata o sábado e permitirá coñecer ás futuras estrelas da canastra. Unha cita de enorme relevancia na que está presente Mexillón de Galicia como unha das entidades patrocinadoras. Somos unha marca que avala a orixe cento por cento galega e unha calidade superior do alimento que representa como ningún outro o mellor da nosa despensa mariña. Un alimento san, nutritivo e idóneo para unha dieta rica en vitaminas e equilibrada, moi adecuada para satisfacer as necesidades dos deportistas como os que estes días evolucionan en Marín. Unha ocasión inmellorable para fomentar entre estes xóvenes hábitos saudables de alimentación da man do mellor mexillón do mundo, o Mexillón de Galicia.
Mexillón de Galicia, coas futuras estrelas do baloncesto
06/06/2022