Mexillón de Galicia brilla ante as estrelas da cociña

A Cidade da Cultura de Santiago acolleu onte a unha auténtica constelación de estrelas da cociña. A cita foi no marco do Encontro internacional de cociñeiros “Cociñando o cambio”, que incluíu no seu programa de traballo unha xornada dedicada á gastronomía galega.
Lucía Freitas, Pepe Solla ou Kike Piñeiro foron algúns dos cociñeiros galegos que exerceron de anfitrións de colegas como Joan Roca (El Celler de Can Roca, considerado durante varios anos o mellor restaurante do mundo) ou Anxo León (A Poniente, con tres estrelas Michelín), que puideron coñecer de primeira man a diversidade e calidade dos produtos galegos.
Nesa lista estaba por suposto Mexillón de Galicia, o alimento máis representativo da nosa despensa mariña, que se presentou ante ese selecto auditorio elaborado cunha salsa galega lixeiramente picante.