Mexillón de Galicia estará presente no Galicia Fórum Gastronómico que se celebra en Coruña do 25 ao 27 deste mes de setembro.
Unha nova cita de alto nivel á que acode a DOP e que traerá a Coruña público profesional nacional e internacional. O fórum deste ano ten como tema central do seu programa a gastronomía sostible, ámbito no que Mexillón de Galicia ten moito que dicir ao tratarse dun alimento totalmente natural criado nas nosas rías coa única achega do fitoplancto mariño.
A DOP contará cun expositor propio, onde se mostrarán a empresas e profesionais os distintos formatos do mexillón, así como os produtos e marcas amparados polo noso selo de calidade. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de gozar os tres días do seu sabor coas receitas que elaborará o cociñeiro Miguel Mosteiro.
Mexillón de Galicia continúa así desenvolvendo a intensa campaña de promoción destinada a reforzar o coñecemento e recoñecemento da nosa marca de calidade.
Mexillón de Galicia acode ao Galicia Fórum Gastronómico
24/09/2022