Mexillón de Galicia, a estrela na mesa de Nadal

Este ano a DOP quere que Mexillón de Galicia sexa a estrela protagonista nos menús de Nadal. Durante estas datas, son varias as citas (Noiteboa, Nadal, Fin de Ano, Ano novo, Reis) nas que familias e amigos reúnense ao redor dunha mesa para gozar da compañía, pero tamén das mellores viandas. Mexillón de Galicia reúne todas as condicións para alcanzar a notoriedade que lle corresponde nunhas datas tan sinaladas: é un alimento excepcional, saboroso e nutritivo, admite multitude de preparacións e representa como ningún outro a despensa mariña de Galicia.

Para conseguir encher as mesas de Mexillón de Galicia, organizamos un concurso que se desenvolve a través do noso facebook ata o mes de xaneiro. É moi sinxelo e os gañadores levarán premios moi especiais. Entrade na nosa rede social (facebook.com/mejillondegalicia) e participade.