I Salón Mexillón de Galicia, unha cita para os profesionais do sector

O luns, 4 de xullo, celébrase en Santiago o I Salón Mexillón de Galicia, unha iniciativa destinada á promoción e mellora da comercialización do mexillón certificado pola DOP.
Esta cita está dirixida ao ámbito profesional de distribución, canle Horeca, restauración, elaborados, centros de formación… que terán a oportunidade de coñecer os produtos elaborados con Mexillón de Galicia e de compartir espazo cos actores máis importantes que ampara o noso selo de calidade. Esperámosvos.
Podedes acudir descargando a invitación adxunta.

Invitacion visitantes