Proteínas
A arte de preparar
o auténtico
Mexillón de Galicia
Aprende como cociñar o Mexillón de Galicia, un produto delicioso, fácil de preparar e cheo de beneficios para a túa saúde.
-
Cando merques Mexillón de Galicia fresco, sácao do envase e lávao cun pouco de auga fría.
Non o laves en exceso, porque perderá o seu característico sabor a mar.
-
As adherencias duras nas cunchas non necesitan eliminarse, pois potencian o sabor a mar.
-
Dependendo de como o vaias a cociñar, podes quitarlle o biso (os filamentos naturais) se o prefires.
Resumen de recomendacións:
-
Non lavar demasiado.
-
Non raspar as cunchas para sacar as adherencias duras.
-
Quitar o biso si se desexa.
Nutrición
O Mexillón de Galicia é un alimento indicado para dietas equilibradas e variadas, pois é moi dixestivo e ten un excelente valor nutritivo.
-
O seu contido en graxas é baixo e é rico en proteínas de gran calidade.
-
Fonte natural de Omega 3.
-
Fonte natural de vitaminas (B12, riboflavina-B2 e folacina-B9)
-
Fonte natural de sales minerales ferro, fósforo, selenio, yodo e zinc)
Valor nutricional do Mejillón de Galicia (por 100 gramos de vianda)
-
18,45g
-
Lípidos
2,7g
-
Carbohidratos
3,18g
-
Enerxía
486 KJ (112 Kcal)
Vitaminas e sales minerais (CDR*)
-
Vitamina B12
16,1µg (100%)
-
Rivoflamina
(vitamina B2)0,25 mg (17,9%)
-
Folatos
(vitamina B9)32µg (16%)
-
Ferro
7,35mg (53,8%)
-
Fósforo
212,5mg (30,3%)
-
Zinc
2,3mg (23%)
Fonte: Base de Datos Española de Composición de Alimentos (BEDCA) – Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)
Consumindo só 100 gramos de vianda de Mexillón de Galicia, cóbrese o 100% da cantidade diaria recomendada de vitamina B12 e de selenio.
O Mexillón de Galicia é un alimento natural ideal para nenos e adolescentes polo seu alto contido en proteínas e fósforo que favorecen el crecemento e desenvolvemento óseo, mentres que o ferro que contén apoia o desenvolvemento cognitivo. Ademais, o zinc contribúe á fertilidade e reprodución, e a vitamina B9 é beneficiosa durante o embarazo para o crecemento dos tecidos maternos.
O ferro e as vitaminas contidas no Mexillón de Galicia axudan a diminuír o cansazo e a fatiga, e as cantidades de vitamina B12 protexen as células fronte ao dano da oxidación.
O consumo regular de Mexillón de Galicia ten as seguintes vantaxes
-
Mellorar o funcionamento normal do sistema inmune, nervioso e das membranas celulares.
-
Mantemento dos ósos, dentes, cabelo, pel e visión, e a conservación de masa muscular.
-
Manter ou mellorar a función cognitiva e psicolóxica.
-
Manter ou mellorar o metabolismo de macronutrientes, ácidos graxos, hidratos de carbono, homocisteína, vitamina A e á síntese de aminoácidos.
-
Contribuír á formación de glóbulos vermellos e hemoglobina.