A excelencia
do mar en
cada bocado
DOP MEXILLÓN DE GALICIA,
Garantía de calidade e
sabor co distintivo DOP
O auténtico mexillón das Rías Galegas

DOP
O Mexillón de Galicia é un alimento único e de calidade recoñecida grazas á riqueza das augas onde se cultiva e ao saber facer das persoas que o cultivan.
O indicativo europeo de calidade vinculada á orixe Denominación de Orixe Protexida (DOP), regula a exclusividade de certos produtos agroalimentarios que deben cumprir coas seguintes condicións específicas:
Por elo, só o selo da DOP Mexillón de Galicia certifica a orixe e a calidade superior do mexillón que foi producido, transformado e elaborado en Galicia.
Como recoñecelo?
O auténtico Mexillón de Galicia en fresco identifícase a través do símbolo europeo das DOP acompañado polo logotipo de Mexillón de Galicia. E no caso dos elaborados de mexillón inclúese a mención “Elaborado con” co logotipo de Mexillón de Galicia, que poden mostrar tamén o símbolo europeo.
Recorda, as referencias como “das rías galegas” ou “elaborado en Galicia”… só son válidas e certeiras se van acompañadas do logotipo da DOP Mexillón de Galicia.



O primeiro produto do mar en Europa en obter a DOP
Certificación
O Mexillón de Galicia pasa por un estrito control para certificar a súa orixe e calidade antes de chegar ao mercado.
Todo comeza coa recolección da cría de mexillón ou “mexilla” nos bancos naturais da costa, nun proceso que está regulado pola Administración. Continúa na batea, onde se realizan auditorías e se supervisan as distintas fases do cultivo.



Cando o mexillón alcanza o tamaño comercial, é colleitado e transportado polos produtores ao porto de descarga, onde se somete a un rigoroso control de calidade para asegurar o cumprimento dos requisitos de tamaño e rendemento en carne.
A continuación, nos centros de elaboración verifícase que o produto procesado cumpre os estándares establecidos. E por último, nos puntos de venta realízanse tamén inspeccións aleatorias.
O persoal técnico do Consello Regulador, xunto con Bureau Veritas, unha entidade de certificación con máis de 200 años de experiencia, son os encargados de supervisar todo este proceso que garante a calidade do Mexillón de Galicia DOP.

