Mexillón de Galicia amosará o seu potencial culinario no Fórum Gastronómico da Coruña cunha degustación de pratos preparados polo cociñeiro Flavio Morganti, do restaurante ourensán Galileo. O evento, que leva por lema ‘Mexillón de Galicia, garantía de calidade e orixe’, terá lugar o 15 de febreiro de 13:45 a 14:45 h. no posto da Consellería de Medio Rural e do Mar.
O menú elaborado por Flavio Morganti (na imaxe) consta de varias receitas preparadas con DOP Mexillón de Galicia e de viños das Denominacións de Orixe Valdeorras e Ribeiro. A cata completarase cunha presentación pública das propiedades e vantaxes das Denominación de Orixe servidas.
As persoas interesadas en participar poden facer a súa reserva a través de infotalleresxunta@gmail.com ou do teléfono 698 128 532 (Mamen Rivera). O aforo está limitado a 24 persoas.
Menú
– Mexillón de Galicia en tempura con sésamo negro, iogur e Mel de Galicia
– Mexillón de Galicia sobre chantilly de Pataca de Galicia con vinagreta fina de lima e coandro
– Mexillón de Galicia en escabeche de Rías Baixas con cebola vermella e caramelo de Mel de Galicia
– Mexillón de Galicia en salsa de verdura submariña
– Tarta de Santiago