Mexillón de Galicia deseñou un orixinal calendario de mesa para 2018 que pode ser teu. Para conseguilo, tan só terás que acceder ao arquivo pdf que aparece ao final desta información e descargalo. Así de sinxelo.
O almanaque forma parte do material promocional da campaña de comunicación que a DOP está a desenvolver en medios dixitais. Este proxecto está a levarse a cabo grazas a unha axuda solicitada ao GALP, aprobada pola Consellería do Mar e financiada con fondos europeos.
Consegue o calendario para 2018 de Mexillón de Galicia
28/12/2017