Almorzos saudables con Mexillón de Galicia

No marco do convenio entre Mexillón de Galicia e a Consellería do Mar, onte desenvolveuse a primeira edición dos “almorzos saudables”, unha iniciativa destinada a promover os bos hábitos alimenticios entre a poboación e que se realiza en colaboración co Obradoiro de Hostalería do Salnés.

Os alumnos do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia foron os protagonistas desta xornada. Tras recibir información sobre as calidades nutricionais de Mexillón de Galicia por parte da nosa compañeira Gabriela André, responsable de Promoción e márketing da DOP, participaron na preparación do menú dese almorzo no que había para elixir, entre outras elaboracións, empanadillas con Mexillón de Galicia, paté de Mexillón de Galicia, así como tortillas francesas con Mexillón de Galicia.

A experiencia repetirase ao longo dos próximos meses en distintos colexios da man do Obradorio de Hostalería do Salnés.