A presidenta do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Lina Solla, mantivo esta mañá unha reunión con Clara Aguilera, portavoz socialista da Comisión de Pesca da Eurocámara. Durante o encontro, Solla informou a Aguilera dos proxectos que ten en marcha o Consello Regulador. A presidenta agradeceu a visita e expresou a súa esperanza de que contribúa á tarefa de colocar a Mexillón de Galicia “no lugar que lle corresponde”.
A visita, celebrada na sede de Méxillon de Galicia, forma parte da xira que a eurodeputada está a realizar a Galicia para reunirse cos representantes do sector pesqueiro.