A DOP reinicia hoxe a certificación para mexillón en fresco

A DOP Mexillón de Galicia reiniciou hoxe o proceso de certificación en porto para mexillón en fresco. Unha vez cumprido o seu ciclo natural de desove, o mexillón atópase nun momento excelente de calidade para o seu consumo. Nos próximos días terédelo á vosa disposición nas pescaderías. Iso si, fixádevos que leve o selo de Mexillón de Galicia, o único que acredita que estades a adquirir un produto de plena garantía, tanto pola súa calidade como pola súa orixe. Cando percibades o seu extraordinario sabor e a súa inigualable textura seduciravos e, seguro, que volveredes repetir.