A DOP participa dende o luns no salón internacional Alimentaria

A DOP “Mexillón de Galicia” participa nunha nova edición de Alimentaria, o Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, que se desenvolverá en Barcelona entre o luns e o xoves da próxima semana. Desta forma, a DOP reforza a súa aposta por estar presente nas principais citas do calendario feiral, como xa ocorreu en outubro con Conxemar ou máis recentemente no Salón de Gourmets.

A Alimentaria acudirán compradores de todo o mundo, en especial de Estados Unidos, Latinoamérica, Asia e Europa, e expoñerán os seus produtos empresas de máis de 50 países. Ademais, a organización estima que eses catro días propiciarán máis de 10.000 reunións entre expositores e compradores, convertendo a este salón nun escenario idóneo para que “Mexillón de Galicia” achegue información a un público profesional  acerca das características e cualidades do mellor mexillón que se produce do mundo e dos seus distintos formatos comerciais. A diferenza doutros eventos feirais, en Alimentaria non haberá degustacións.