A DOP celebra mañá o Día do Mexillón de Galicia

O sector do mexillón darase cita mañá na sede da DOP para celebrar o Día do Mexillón de Galicia.

Con esta efeméride quérese conmemorar o recoñecemento por parte da Unión Europea de Mexillón de Galicia como Denominación de Orixe Protexida en 2007. Ademais, servirá tamén para reivindicar a historia e proxección dun sector fundamental para Galicia desde o punto de vista socieconómico.

O acto contará coa presenza do presidente do Consello Regulador da DOP, Mané Calvo, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, e a tenente de alcalde do Concello de Vilagarcía Tania García, ademais de representantes do sector do mexillón.

A xornada incluirá a intervención da nutricionista Lida Folgar, que poñerá en valor as innumerables calidades de Mexillón de Galicia, así como un showcooking a cargo de Ofelia Hentchel, participante en Masterchef 9.

Adrián Díaz, xornalista e larpeiro, será o presentador e condutor do acto.