O Consello Regulador do Mexillón de Galicia participa unha vez máis en Conxemar, o evento de referencia europeo para o sector comercializador dos productos do mar conxelados. Do 7 ao 9 de outubro, Mexillón de Galicia amosará en Vigo o potencial da Denominación de Orixe.
O espazo expositivo de Mexillón de Galicia está incluído na instalación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, situado no stand E22.
O Consello atenderá en Conxemar ao público profesional interesado en adquirir Mexillón de Galicia e promocionará o distintivo da DOP, así como as diversas marcas e empresas comercializadoras.